Lote mixto de 3 kg, 2 de tenreira e 1 de porco celta, inclúe 5 chuletas de tenreiro e 1 kg de carne picada . Desenvolvemos un modelo gandeiro tradicional: o pastoreo do monte co gando en liberdade, porque a mellor carne faise pacendo: Ten un aporte menor en calorías e, non obstante, maior en minerais e proteínas. En extensivo as densidades son baixas, mellora o estado sanitario e redúcense ao mínimo as medicacións. Non hai antibióticos en sangue. A carne mellora canto maior é o benestar dos animais. É máis saudábel grazas ao pastoreo en liberdade que reduce as graxas malas ao subir a porcentaxe do omega 3 en relación co omega 6. A carne producida en extensivo é a que ten menos colesterol malo. As razas autóctonas teñen un crecemento máis lento, cunha fibra máis fina e menor retención de líquidos, dando unha carne máis firme, máis saborosa e co sabor de antes. O pastoreo, ademais, é a medida máis eficaz na prevención dos incendios forestais, fundamental para o mantemento da poboación de lobo, e reduce as pegadas de carbono e hídrica por kg de carne producida.

Le Producteur se situe à Ouzande, Pontevedra.

8 jours

Tenreira e porco celta: lote mixto de 3 kg · 3 kg

Explotación gandeira en extensivo Monte Cabalar