Description
É un dos condimentos máis empregados na cociña mediterránea, e é que o seu toque aromático é fundamental en guisos, estofados, salsas, escabeches, adobos e rustideras. Preparacións que lle permiten liberar lentamente todo o seu sabor. Unha das máximas ao cociñar con loureiro é que non debemos fritilo, senón hidratarlo, para espremer ao máximo todo o seu aroma, entre doce e picante. As follas pódense utilizar tanto secas como frescas. No entanto, en fresco son menos populares, xa que resultan máis fortes e amargas. Aínda así, son perfectas para os adobos con vinagre, por exemplo. Nos guisos, podémolas engadir enteiras ou cortadas en pedacitos. Nós recomendámosvos cortalas en dous ou tres anacos, para conseguir que o sabor se reparta moito mellor pola preparación. Congenia á perfección con pratos de legumes, como fabas con ameixas ou calquera receita de lentellas guisadas con chourizo ou verduras. Nós aconsellámosvos probar a engadir unha ou dúas follas á auga de cocción dun sinxelo arroz branco. Achegaralle un agradable aroma. Tamén, podedes probar a engadilo á salsa bechamel. Potenciará o seu sabor! Iso si, é recomendable retiralo sempre antes de servir a comida. Porque aínda que converte guisos e salsas en pratos exquisitos, unha dentada a unha das súas follas non resulta moi agradable.
Origine
Le Producteur se situe à Paderne, A Coruña.
Conservation
50 jours
Laurel /Loureiro Fresco Seitura · 10 g
Seitura